Opinión

O accidente / Un pelo moi singular

Diario de Pontevedra, en colaboración coa Fanpa e o Concello de Pontevedra, publica cada día dous dos relatos finalistas da VII edición do concurso literario

O accidente

Unha mañá estaba no parque máis fermoso de París. Acompañábame o meu peor pesadelo, a miña peor inimiga. Só lle importaba ser a máis popular. Cando ía marchar, escoitei un ruído aterrador, e de súpeto o ceo volveuse negro. Notei uns brazos rodeándome, calmándome do calafrío que recorría o meu corpo. Cando por fin reaccionei, decateime de que a miña inimiga Clara estaba a darme a aperta. Cando abrimos os ollos, o parque estaba escuro e o único que o salvaba de estar sumido na penumbra era unha delicada e sutil luz que producía un raio cálido, a única e última esperanza.

Empezamos a buscar a saída, e Clara non deixaba de insultarme e botarme a culpa. Nun deses raios de luz vin os nosos pais chorando. Eles non entendían o coma no que estabamos sumidas. Os recordos viñeron a min, pero nun instante desapareceron. Seguimos intentando adiviñar que pasaba, pero os recordos fl uían sen sentido. Clara repetía unha e outra vez a palabra accidente. Todo parecía un soño. Decatámonos de que eramos moi amigas. Inesperadamente viñéronme unhas imaxes á cabeza, as de dúas rapazas nun coche sufrindo un accidente. Ela dicíame: "Agora decateime de como es e descubrín que ti es a miña mellor amiga".

Nese momento sentimos que o latido do noso corazón ía cada vez máis lento. Nese instante comprendémolo todo. Que ignorante era! Teño que estar no transo á morte para decatarme de que a miña peor inimiga é a miña me llor amiga. Cada vez sentiámonos máis débiles e máis fortes á vez. Era unha sensación estraña. Tocamos a morte uns segundos antes de volver ao mundo dos vivos. Os nosos pais alegráronse de recuperarnos. Estabamos no parque. A pregunta que ninguén sabía contestar era como chegaramos ao parque despois do accidente. Que mañá máis estraña.

NAIRA SEBASTIÁN ALLOCATI

IES do Barral [Ponteareas]


Un pelo moi singular

Había unha vez, un pelo. Este pelo vivía nunha cabeza. A súa vida era fantástica, ata que un día… caeu! Caeu nunha aula, pero non nunha aula calquera. Caeu precisamente en 2.º da ESO. Ao principio, asustouse, polo bárbaros que eran os alumnos. Pero o noso querido amigo o Pelo, que era moi astuto, quedou quieto nunha esquina, á beira da porta. Era tan fino e clariño que era practicamente imperceptible á vista de calquera humano común. Ata as señoras da limpeza que varrían o chan non o vían e pasaban ao seu lado varrendo, sen tocarlle… "nin un pelo".

Estivo alí tirado durante seis longos anos escoitando os mesmos mestres dando as mesmas leccións e, ao sétimo, ano aprendeu tantísimo que decidiu ir á universidade. Entón, aproveitando unha brisiña, deixouse levar con ela. Nun momento, coouse nunha xanela da universidade. Na uni, todo era terrorífi co: os mozos tiñan pelo na cara e as mozas asasinaban os seus pelos das pernas cunha cousa que parecía unha guillotina. Elas chamaban a ese sacrifi cio "depilación" (ata o nome dá medo). O Pelo enseguida pensou: "Deus, son asasinas! Este sitio é un niño de morte!". Entón, respirou fondo, recapacitou e volveuse moi serio. En fin, que decidiu ir a clase cos mozos e mozas da uni, coma un alumno máis.

Cando acabou os seus estudos, xa tiña moitas carreiras: pelosicoloxía, estrutura do Cabelo, pelomaxisterio, enxeñaría capilar… Pero o que quería ser era escritor. Comezou a escribir as súas historias xuvenís, das cales unha estás a lela neste mesmo momento.

Ao longo da súa vida, foi a inspiración de moitos escritores da historia e das súas obras: O abominable home das neves, Momo, Rapunzel, O home lobo… E moitas máis obras, cuxos protagonistas tiñan unha gran mata de Pelo.

SARA USERA ALONSO

IES Pedras Rubias [Salceda de Caselas]