Opinión

A fábrica de nubes / A miña historia

A fábrica de nubes

Chámome Mateo e teño cinco anos. Sempre me preguntei de onde viñan as nubes. Miña profesora non o sabe e meu pai tampouco.

Hoxe imos de paseo a Pontevedra. Eu sempre me durmo nas viaxes, inda que sexan tan curtas coma esta, pero hoxe paréceme que non vou durmir. Xa no coche, intento non durmir, abrocho o cinto e rumbo que te vai.

Era a paisaxe máis guai que nunca vira. Pasara moitas veces por alí e nunca ata daquela me fixara na súa beleza. Aos poucos, pasamos por un lugar que me deixou sen palabras, era unha fábrica de nubes chamada EENCE, pregunteille a miña nai que significaba, e ela dixo que "Empresa Española de Nimbos, Cirros e Estratos". Era espectacular, como molaba.

Algunhas nubes escapábanselle polas chemineas, pois a fábrica tiña escapes; porque as nubes son difíciles de controlar. Abraiado polo que vía, pregunteille a miña nai por como levaban as nubes dun país a outro. Miña nai respondeume que unha máquina de aire as expulsaba a quilómetros e logo por canalizacións chegaban ao país que as quería.

Todo o día non fixen outra que pensar na fábrica e coidei que tiña que comprar unha nube. Tanto insistín que a miña nai non lle quedou outra que comprala. Eu, coma Son Goku, quería voar nela como fai el na súa Nube Kinto. Pero non funcionaba (cousas de non ter un corazón puro, creo).

Así que me puxen a pensar que podería facer coa miña nube. Pensei e pensei, e cheguei á conclusión de que podería regalarlla ao meu curmán Fernando, que vive nun país onde apenas hai auga; así cando chova a nube, poderá ter auga para beber. Namentres, eu comprei outra nube e como nas viaxes me gusta durmir, úsoa como colchón.

Pedro Grosso Aybar 
CEP Sequelo [Marín]


A miña historia

O la, eu chámome Roberto Vila Fonte e vinvos contar o meu pasado: dende que eu era pequeno, recordo que vivía coa miña familia e con algúns amigos. Viviamos nun bosque afastado doutras persoas. Só podiamos ver unha casiña na que habitaban Brais e Elaia, uns xemelgos moi divertidos e amables.

Eu pasaba todo o día observando eses dous rapaces, gustábanme pola sinxela razón de que sempre xogaban ás agachadas (sempre viñan onda min para esconderse) e tamén facían deporte como a ximnasia rítmica, un deporte que a min me atraía. Miraba como xogaban, estudaban, ata observaba como lían... Iso encantábame, pero..., ás veces, púñame triste.

A medida que empezaban a crecer xa non os vía. Ocorreu porque empezou a era tecnolóxica, así que empezaron a utilizar móbiles. Pensaba que iso era o peor de todo, pero a cousa seguiu empeorando ata que chegou unha idade en que Elaia xa non me visitaba. Pero, non obstante, Brais viña todos os días a xunta de nós, iso emocionábame; pola contra, ao non ver a súa irmá rompíaseme o corazón.

Ata que unha semana Brais non me visitou. Iso púñame dos nervios, pero eu non podía ir buscalo. Era imposible! Empecei a oír unhas voces, emocioneime moito e, cando observei cara a un lado e o outro, non puiden adiviñar de onde procedía esas palabras.

Os meus veciños empezaron a morrer. Pensei e pensei, pero o único que era capaz de imaxinar era que ía falecer sen podelos ver outra vez. A morte achegábase lentamente, pero, cando o meu final estaba cerca, apareceron Elaia e Brais e conseguiron salvarme daquel tráxico final. Despois do ocorrido, nunca máis se separaron de min.

Esta foi a marabillosa fin da historia dunha árbore.

Ainhoa Guisande Fernández 
CEIP Plurilingüe da Ribeira [O Porriño]