domingo. 25.08.2019 |
El tiempo
domingo. 25.08.2019
El tiempo

Unha morte inevitable / Leila

Unha morte evitable

Fixéronme o dezaoito de febreiro nunha fábrica cerca de Ribeira, A Coruña. Leváronme nun camión acompañada doutras coma min, dende Ribeira ata o porto de Vigo, Pontevedra.

Dende alí collín un barco rumbo a América, que partiu o dous de marzo ás vinte e dúas horas e cinco minutos.

Ao cabo de dez días, chegamos ás costas de Brasil; ao pouco, descargáronnos con furgonetas ata un supermercado chamado Hiper Garbosa. Alí esperei uns cantos días, ata que o vinte de marzo me colleron e comezaron a encherme de produtos de limpeza, iogures, carne picada e moitas outras cousas.

Pouco despois, cheguei a unha vella casa chea de po e comezaron a baleirarme.

A fiestra estaba preto e aberta, e eu non puiden evitar saír voando. Voei, voei e voei ata que de pronto me pousei suavemente no medio do mar; flotei durante moitos días e noites ata que á fin cheguei a unha praia. Pero durou pouco porque cando subiu a marea as ondas leváronme consigo.

Aos tres días comecei a afundirme; pouco despois quedei no fondo varada.

Ás tres semanas, uns golfiños encontráronme e xogaron comigo ata que se cansaron e me deixaron nunha especie de arrecife de coral, cheo de peixes de cores.

Tamén vin un sapoconcho que se achegaba a min lentamente e seguiu achegándose, achegándose…; achegouse tanto que pensei que ía comerme.

E así foi, o sapoconcho enguliume pensando que era unha medusa, pero non, eu son unha bolsa de plástico. 

Hugo Araújo López 
[Finalista na categoría de Primaria]
CEIP Emilia Pardo Bazán [Vigo]


Leila

Un horrible sentimento de medo percorreu o meu corpo. Case non me queda tempo, moitas e perigosas adversidades, catro días encerrada nun pequeno ovo zarandeado polo vento, dúas semanas reptando en busca de comida, oito días amarrada a un «veo» sen case respirar. O espazo remátaseme, a miña forza está a esgotarse e, de súpeto, un ruído aterrador, unha vibración cada vez maior, termina arroxándome ao chan.

–Axuda! Déixame!

–Moi boa a nova motoserra, David.

–Si, corta ben as árbores, pero mágoa das bolboretas e os paxaros...

–Onde me levan? Teño que saír!

Despois de dous perturbadores días, un milagroso raio de luz quenta o meu corpo e unha gran ledicia faime estremecer, medra o meu desexo de vivir.

"Veña, Leila. Ti podes", penso para min.

E, de súpeto, o meu corpo móvese. Quería mirar, e as miñas antenas creceron tanto que... o veo rompeu!

Estaba diferente, agora tiña ás, fermosas, negras e vermellas. Incrible!

–Podo voar! Quero voar!

Pero... onde estou? E as flores e as árbores?

Que frío! Teño que migrar agora!

Pero... E o camiño? Onde está voso rastro, amigos?

Axuda!

–Leila! Leila! Corre, sígueme!

–O meu paxaro colibrí..., canto me alegro de verte!

Colibrí e eu fixemos un longo camiño de catro mil quilómetros desde O Canadá ata os bosques de Oyameles en México, onde vivimos momentos incribles, pero o mellor... o reencontro coas miles de bolboretas monarca, coma min. Unha fermosa imaxe que nunca esquecerei.

Por fin!.

Leire Bernárdez Prado 
[Finalista na categoría de Primaria]
CEIP Otero Pedrayo [Vigo]

Unha morte inevitable / Leila