sábado. 21.09.2019 |
El tiempo
sábado. 21.09.2019
El tiempo

Xuntos para sempre / O mordomo Gabriel

Xuntos para sempre

Cando aínda o Sol está agochado tras as montañas, cada mañá mil e unha naves de cores debuxan fíos de prata, axítanme, remóvenme, e iso, a min, faime rir. Velos pasar a toda présa fai que sexa moi feliz.

Unha día dúas pequenas embarcacións alongadas e sen motor, diferentes ás de sempre, deslizáronse suavemente cunhas pequenas pas facéndome divertidas cóxegas. Podía escoitar uns alegres sons dos seres que as pilotaban.

Dende aquel día visitáronme con moita frecuencia e xa case eramos vellos amigos.

Unha mañá de outono, como era habitual, as pequenas naves viñeron visitarme. Relucían máis que o propio Sol, deslizándose sobre a auga como delgadas vainas de sementes. Era un día anubrado e o Sol relucía por momentos.

Ían cara a unha ponte chamada Rande, pero estaban mortas de frío, así decidiron ir descansar a unha praia, logo volverían á aventura. A praia era preciosa e decidiron achegarse porque aínda daba o Sol. Era tarde pero pagaba a pena correr o risco. Falaban do medo que tiñan no corpo, ían amodiño, sen présa, con medo a caer. Xa cerca do o seu destino, comezou a soprar unha brisa mariña, ao principio moi suave, pero cada vez que se ían achegando á area sopraba aínda máis. Chegou un momento en que non podían avanzar, intentando manter o equilibrio. Sen éxito, unha caeu enriba de min, choraba, eu sentía angustia; a outra intentou axudala, pero tamén caeu. As dúas choraban as mil bágoas, os barquiños afundíanse, elas intentaban subir á superfi cie con eles. Unha corrente arrastrounas cara ao fondo...

Elas e mais os seus barquiños seguen dentro de min… Eu, o mar, queintentei axudalas sen éxito. Agarímoas cada noite nos meus brazos. A néboa en Rande.

Iris Collazo Cortegoso

CEP Plurilingüe de Riomaior  [Vilaboa] 

O mordomo Gabriel

Eu son Gabriel, o mordomo dunha familia moi rica na provincia de Lugo. Levo xa sete anos con eles. Coñecinos cando tiña pouco máis de dous anos.

Na familia son tres persoas: Carlos, Sonia e o seu fi llo David. Carlos e Sonia traballan no mesmo negocio, son os xefes dunha empresa que vende moblería. David ten dez anos e vai en quinto de primaria. Eu son o encargado de coidar de David e das tarefas da casa. 

Polas mañás levántome antes que ninguén e preparo o almorzo para todos. Cando rematan, deixo todo recollido e acompaño a David ao colexio.

Logo, vou á compra ao centro comercial e paso polo posto das verduras da señora Carmiña e pola carnicería do señor Manuel.

Ao chegar á casa, deixo a compra na cociña, porque me toca a tarefa máis complicada do día: recoller o cuarto de David. Ten todo patas arriba: os libros polo chan, a cama desfeita, a roupa sen dobrar... un completo desastre!

Despois preparo a comida para que cando cheguen teñan todo listo. Como a David sempre lle custa acabar a comida queda comigo na cociña mentres encho o lavalouzas e varro.

Polas tardes acompaño a David á clase de pintura. Ás veces cando o vou recoller regálame algún debuxo e polo camiño de volta á casa, mentres merenda, cóntame o que fi xo nas clases. Encántame ir camiñando pola rúa escoitando as historias de David, pero os días de chuvia non me gustan nada, o meu corpo non tolera a auga.

Despois de preparar a cea estou tan canso que necesito ir ao meu cuarto a recargar a batería, métome na miña caixa, encaixo os pés nas miñas "pantuflas" e sinto como empezo a descansar. Así podo empezar un novo día coas pilas cargadas.

Lucas Cortegoso Formigo

 CEIP Emilia Pardo Bazán  [Vigo]

Xuntos para sempre / O mordomo Gabriel
Comentarios