jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

Casa grande pide xente

NAS CONVERSAS máis recurrentes da volta de vacacións, neses primeiros ‘como estás e que fixeche,’ figuran as chapuzas. No verán sempre hai algún traballo que facer, unha ristra de tarefas pendentes, outra casa que limpar ou arranxar. É traballo para un e sen presión horaria na aldea perdida e soñada, pero logo falas con uns e con outros e, aló pola metade do ‘descanso’, a cousa cambia. Son pouco prácticas. Estancias solitarias que piden xente. Os maiores escapando coa xubilación cara un piso pequeno no centro das vilas porque a familia dispersouse e sobran habitacións. Os cementos dunha vida, traballosamente levantados nunha granxa, na fábrica ou no barco de Gran Sol que xa se vendeu, quedan orfos e esperando polos novos... se chegan de vacacións para darlle unha pasada aos peches e xardíns. As casas grandes semellan máis un monumento vital que unha solución habitacional e de estatus, que diría un arquitecto. «Mira para aí, eu só quería ter o mar e a area cerca e agora...». Agora o chalé apenas é coma una piscina no medio do deserto á que lle chove dúas veces ó ano. Por que non aprendimos dos paraísos perdidos dos indianos?

Casa grande pide xente
Comentarios
ç