Miércoles. 19.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 19.09.2018
El tiempo

Juana Rivas: Unha sentenza desaquelada

O XUÍZ do Penal nº 1 de Granada ven de condenar Juana Rivas por dous delictos de retención de menores do artigo 225 bis do Còdigo penal ( 225 bis CP) a cadansúas penas de dous anos e medio de cárcere  e tres de privación da súa  patria potestade a respecto dos dous menores.

A sentenza é certamente desproprocionada. Mais esta desproporción nace dun erro na aplicación da lei penal. Neste caso  hai unha única acción, un único ben xurídico protexido vulnerado ( o mantemento dos menores na convivencia canda o proxenitor custodio) e, xa que logo, un só delicto. En circunstancias normais, nas que non existisen outros elementos  a considerarmos, a pena non habería sobardar os 28-30 meses.

Mais neste caso hai outras cuestións absolutamente substanciais que non se tiveron en conta na sentenza. Porque exclúe este delicto  o feito de existir causas xustificadas para a retención ou substracción. Causas que evidentemente van vencelladas á interpretación que a nai neste caso fixo do risco que vivían os seus fillos na compaña do seu pai, co e non só na condenado no 2009 por un delicto de violencia machista e acusado dende xullo de 2016 polo mesmo comportamento (denuncia á que a xustiza italiana non lle deu aínda trámite). Unha interpretación apoiada polo criterio de xuristas funcionarias da Administración autonómica andaluza, quizais dun xeito irresponsábel nalgún intre concreto. Verdade é que a entrega efectuouse serodiamente, xa executiva a sentenza civil, cando llelo ordenou  o xulgado de instrución penal. Mais fíxose sen necesidade de coerción policial, antes de rematar o prazo outorgado, polo que semella que habería terse acollido unha atenuante de reparación do dano.

Botouse faltar un axuizamento dende a perspectiva de xénero. Dende a condena do 2009 Juana volveu vivir co pai dos seus fillos e  e non denunciou até que voltou en 2016 a Andalucía. Desta omisión deduce o xuiz a inexistencia de violencia machista, cand esa falla de denuncia  é característica de moitos procesos de maltrato, nomeadamente dos de anulación da personalidade por maltrato psicolóxico.

A probabilidade desa violencia, conectado coa “causa xustificada” do 225 bis CP  xustificaba considerar unha eximente incompleta que rebaixara substancialmente a pena imposta. A sentenza é desaquelada e xera unha grande alarma social.

Urxe a formación de xuices e fiscais en perspectiva de xénero.

Juana Rivas: Unha sentenza desaquelada
Comentarios