Opinión

O derbi do Miño

HAI MOMENTOS en que as derrotas do teu equipo quedan amortiguadas pola sensación de que os que celebran a vitoria tamén senten algo a túa frustración. Son xente que, coma ti, está acostumada a perder e que cando triunfa non lle pasa por diante dos fuciños o seu éxito ao rival. Foi a sensación que sentiron os afeccionados lucenses o domingo cando o milleiro de seguidores do COB deu en berrar “Breogán” para animar os cinco mil que acababan de ver como os seus perdían a primeira oportunidade de ascender á ACB. Este martes volveron verse as caras no derbi definitivo no Paco Paz e o equipo e a afección que conseguiron gañar finalmente [de Ourense, neste caso] serán dignos representantes das dúas cidades do Miño na elite do baloncesto e tamén dun xeito de entender o deporte que debería ser norma e non anécdota.

Comentarios