Opinión

A Panamá

MENTRES UN espera vez para ser atendido no Hula dá tempo a facer un cálculo do que pode custar poñer a andar cada día un hospital cuns 2.700 traballadores e polo que pasan de balde preto de 2.300 usuarios, contando consultas, ingresos e urxencias. Poñamos que se a Consellería de Sanidade se leva cada ano case a metade do orzamento da Xunta, imaxinemos se tiveramos que poñer do noso soldo esa porcentaxe para asegurarnos que imos estar atendidos cada vez que nos sentimos mal. Dá dor de cabeza só de pensalo. Por iso cada vez que se filtra un listado de como a xente de moitos posibles desfrauda impostos con sociedades opacas en paraísos fiscais, un pregúntase como poderiamos poñer a andar todos os días as estrututas sanitarias, os colexios, a seguridade, a Xustiza ou calquera organismo público se cada un de nós tivese a súa propia sociedade ‘off shore’ onde arrapañar os euros que tanto nos doe soltar no IRPF ou cando pagamos unha factura con Ive. Eu o que creo é que nunha sociedade da información como na que estamos o que debe é primar a transparencia e os gobernos teñen que presionar a todos ese bufetes de defraudadores para que fagan públicos os nomes das persoas que non están pola labor de financiar os nosos servizos públicos, basicamente para dicirlles que, cando necesiten usalos, o que teñen é que pedir cita, como moi preto, en Panamá.

Comentarios