martes. 26.01.2021 |
El tiempo
martes. 26.01.2021
El tiempo
combarro
Comarca de Pontevedra
Letreros en el casco histórico de Combarro. GONZALO GARCÍA
Letreros en el casco histórico de Combarro. GONZALO GARCÍA

Poio ► Medidas al alza

El municipio mantiene las restricciones al haber vuelto a sumar en los últimos tres días ocho nuevos casos tras una pequeña bajada, situándose en 59 positivos
Comarca de Pontevedra
<p>A parroquia de Combarro acolleu este sábado a celebración máis austera que se lembra da baixada da Virxe da Renda desde a súa capela de O Xuviño ata o templo de San Bernardo. Só catro porteadores para levar á santa e media ducia das fieis que normalmente se encargan de custodiar á figura relixiosa e o templo acompañaron a procesión que normalmente precede ás celebracións de San Xoán e que conta con ducias de participantes cada ano. Nesta ocasión, por recomendación da Policía Local e para cumprir coas medidas de seguridade sanitaria impostas durante a pandemia, optouse por facer unha baixada marcada pola velocidade (o séquito tardou só 20 minutos en cubrir o tramo entre O Xuviño e o templo de San Bernardo) e pola austeridade. O organizador, Miguel Martínez, que tamén dirixe a coral Virxe da Renda, mesmo pediu que ninguén se unira á marcha para evitar así incumprimentos das medidas e distancias de seguridade, posto que os viais de Combarro polos que discurre a marcha son moi estreitos.</p>

<p>Así as cousas, Martínez espera que para a xornada de retorno da santa á 'súa casa', o 25 de xuño, xa se poida planificar a procesión doutro xeito, e, cando menos, un grupo de gaiteiros poida acompañar á figura relixiosa.</p>
<p>A parroquia de Combarro acolleu este sábado a celebración máis austera que se lembra da baixada da Virxe da Renda desde a súa capela de O Xuviño ata o templo de San Bernardo. Só catro porteadores para levar á santa e media ducia das fieis que normalmente se encargan de custodiar á figura relixiosa e o templo acompañaron a procesión que normalmente precede ás celebracións de San Xoán e que conta con ducias de participantes cada ano. Nesta ocasión, por recomendación da Policía Local e para cumprir coas medidas de seguridade sanitaria impostas durante a pandemia, optouse por facer unha baixada marcada pola velocidade (o séquito tardou só 20 minutos en cubrir o tramo entre O Xuviño e o templo de San Bernardo) e pola austeridade. O organizador, Miguel Martínez, que tamén dirixe a coral Virxe da Renda, mesmo pediu que ninguén se unira á marcha para evitar así incumprimentos das medidas e distancias de seguridade, posto que os viais de Combarro polos que discurre a marcha son moi estreitos.</p> <p>Así as cousas, Martínez espera que para a xornada de retorno da santa á 'súa casa', o 25 de xuño, xa se poida planificar a procesión doutro xeito, e, cando menos, un grupo de gaiteiros poida acompañar á figura relixiosa.</p>

A Virxe da Renda baixa desde o Xuviño en Combarro entre medidas de total austeridade

Comarca de Pontevedra
Varios dos "clientes" de catro patas do centro de gardería canina Kennels de Combarro dando unhas carreiras polas instalacións con dous dos seus coidadores. GONZALO GARCÍA
Varios dos "clientes" de catro patas do centro de gardería canina Kennels de Combarro dando unhas carreiras polas instalacións con dous dos seus coidadores. GONZALO GARCÍA

"Do 95% de ocupación pasamos ao 10%, pero non tivemos que pechar"

O centro canino Kennels de Combarro, único hotel para mascotas da comarca, mantívose aberto durante todo o confinamento para atender ós cans de sanitarios e de persoal que traballou durante a crise ►…