Caldas/Deza

Evacuado o condutor dun camión tras unha saída de vía aparatosa na Estrada

O condutor dun camión foi trasladado en ambulancia a un hospital logo de sufrir unha aparatosa saída de vía este martes no termo municipal de A Estrada. O sinistro produciuse arredor das 13.30 horas na PO-841, que comunica A Estrada con Santiago, ao inicio da coñecida como recta de Baloira. O condutor baixaba en sentido Santiago e saíuse da vía por causas que están por determinar. Acabou a poucos metros dunha vivenda. VÍDEO: PATRICIA FIGUEIRAS

Comentarios