Lunes. 23.07.2018 |
El tiempo
Lunes. 23.07.2018
El tiempo

CALDAS/DEZA

Silleda presenta o proxecto da nova Casa do Concello

Silleda acolleu este martes a presentación do proxecto da nova Casa do Concello. Foi na Casa da Cultura da localidade, edificio que pasará a ser Consistorio unha vez feita a súa remodelación integral. Presentaron a maqueta o alcalde, Manuel Cuíña, e o arquitecto autor do proxecto, Abraham Castro Neira. Entre o público había membros do goberno local e veciños. A reforma do actual inmoble e a construción dun novo na parte traseira, co que conectará a través dun gran patio central, está orzamentada en 1.236.761,69 euros, Ive incluido. O Goberno local iniciará contactos con Vicepresidencia da Xunta e coa Deputación para solicitar a súa colaboración para completar unha financiación na que tamén intervirá a Administración local. A intención de Cuíña é que as obras poidan comezar no próximo ano. O prazo de execución é de 15 meses. VÍDEO: PATRI FIGUEIRAS