Caldas/Deza

As traballadoras do SAF de Forcarei defenden nun vídeo o seu labor

O persoal do Servizo de Axuda no Fogar de Forcarei vén de publicar nas súas redes sociais un vídeo para defender o importante labor que realizan na asistencia a persoas dependentes e buscar o apoio social. "De verdade imos permitir que desapareza o SAF?", preguntan na súa conta de Facebook. As traballadoras aínda non cobraron febreiro. Este xoves están de folga e farán unha concentración diante do Concello.

Comentarios