Caldas/Deza

Traballadores de Correos de Lalín piden novas contratacións

Traballadores de distintas oficinas da provincia de Pontevedra levaron a cabo unha concentración para darlle visibilidade ao "cansazo e fastío" do persoal de Correos diante da política de "non contratación" que esta a aplicar a dirección.

Concretamente o apoio foi para o personal da unidade de reparto de Lalín, que está sobrecargado de traballo e quilometraxe por falta de prazas que cubrir que precisan contratación, o que fai que o servizo público se deteriore de tal xeito que non se están a cumprir os prazos previstos e establecidos para as entregas do servizo postal universal.

Os manifestantes contaron co apoio dos organismos sindicais da CIG e a CGT.

Comentarios