Caldas/Deza

Traballan a contrarreloxo para reparar a avaría no colexio de Cuntis

Operarios do Concello, electricistas e unha empresa de limpeza traballan a contrarreloxo para reparar a avaría que deixou sen clase este luns aos alumnos do colexio de Cuntis. O obxectivo é que este martes poidan volver á escola. Os nenos e nenas usuarios do servizo de conciliación que utilizan o centro manteñen a actividade desta tarde, pois estarán no comedor, os patios e o pavillón, que son zonas non afectadas. A falta da valoración pormenorizada dos danos, o alcalde, Manuel Campos, estima que poderían superar os 60.000 euros. VÍDEO: Cedido
Comentarios