Caldas/Deza

Xornada de convivencia na Estrada entre alumnos do Ceip de Figueiroa e o Ceip do Foxo

Alumnos do Ceip de Figueiroa e do Ceip do Foxo, na Estrada, celebraron este xoves unha xornada de convivencia que tivo lugar no primeiro centro.

Con motivo do encontro, plantaron dúas árbores no xardín do Ceip de Figueiroa e también houbo xogos e actuacións musicais. De feito, os alumnos do colexio anfitrión recibiron aos compañeiros do Ceip do Foxo coa canción Dame unha aperta, de Xosé Luna e Monoele de Felisa.

Comentarios