
Os grupos con representación no Concello de Pontecesures acordaron convocar para este martes un pleno extraordinario no que se decretarán tres días de loito oficial pola morte de Alberto Chaves e María González Vicente nos atentados en Sri Lanka.
A partir da tarde deste luns xa ondean a media hasta e locen crespóns negros as bandeiras no edificio consistorial.
Ademais do pleno extraordinario, no que se lerá unha declaración institucional, os portavoces acordaron convocar unha concentración ás 20.30 horas na plazuela, á que o alcalde, Juan Manuel Vidal, convidou a todos os veciños a que acudan.
Vidal lamentou o "tráxico e repudiable atentado" no que perdeu a vida esta moza parella e expresou "a dor do pobo e da corporación".
Ás familias das vítimas trasladou o "apoio incondicional" de todo o municipio "para todo o que precisen".
VÍDEO: RAFA FARIÑA