Comarca de Pontevedra

'Caza' a dous furtivos en Poio e localizan dous zulos con ameixa xapónica

No operativo especial de vixiancia desta fin de semana contra o furtivismo, a Policía Local de Poio e os Gardapescas da Cofradía de Pontevedra, localizaron na mañá do 27 de outubro dous furtivos na Illa dos Ratos nun parque de cultivo extraendo ilegalmente ameixa. Os identigicados son veciños de Poio que contan con múltiples antecedentes tanto penais como administrativos por furtivismo. Estes furtivos extraen o molusco en sacos e agóchano en diferentes puntos ou zulos, tratándose dun grupo organizado, que tras extraer o molusco volta con posterioridade o lugar para recuperarlo para vendelo ilegalmente en bares e restaurantes. En moitas ocasións é imposible localizar o material. No día de hoxe foron localizados dous zulos con un total de 9,5 kilos de ameixa Xapónica. É unha loita constante e traballo laborioso dos Gardapescas e da Policía no día a día, para lograr quitarlles unha mínima parte do que extraen, en defensa dos centos de mariscadoras que viven do mar.