Comarca de Pontevedra

Combarro festexa 50 anos como Conxunto Histórico Artístico

Combarro acolleu este domingo, na Praza da Chousa, o acto institucional do seu 50 aniversario como Conxunto Histórico Artístico, coa presenza do alcalde de Poio, de toda a corporación e da presidenta da Deputación de Pontevedra. Conduciu o evento Bea Campos, actriz que tamén colabora no video realizado para esta xornada no que os propios veciños e veciñas falan da historia viva de Combarro. No evento recoñeceuse o labor realizado polas asociacións locais para preservar o seu patrimonio e recibiron un detalle conmemorativo os colectivos A Solaina, Armadiña, o Ateneo Corredoira e a Comunidade de Montes de Combarro Rega dos Agros, así como o Club Mariño A Reiboa.

VÍDEO: GONZALO GARCÍA

Comentarios