Comarca de Pontevedra

O Festival Armadiña Rock Estrella Galicia publica o spot da súa décima edición cunha chiscadela a 'Fariña'

O Festival Armadiña Rock Estrella Galicia publicou este martes 'Con sentidiño!', o spot da décima edición, no que aparece a veciñanza de Combarro traballando arreo durante a madrugada nunha misteriosa "descarga" que moito ten que ver coa edición número dez do evento musical. Os braceiros, encarnados principalmente por membros da asociación Armadiña, están liderados pola actriz Isabel Risco, colaboración especial da peza. O vídeo foi elaborado grazas á colaboración dos realizadores José Aragunde e Juan Barcia.

Comentarios