domingo. 31.05.2020 |
El tiempo
domingo. 31.05.2020
El tiempo

CORONAVIRUS

'Bicos' de ánimo do profesorado para os seus alumnos do Ceip Ponte Sampaio

Despois de máis dun mes de confinamento e, por tanto, do peche dos centros escolares, manter o contacto entre os profesores e alumnos parece unha tarefa difícil. Porén, os docentes do Ceip de Ponte Sampaio veñen de publicar un vídeo co que buscan conservar ese "vínculo emocional e familiar" cos estudantes e "amosarlle o seu apoio e ánimo".

Para iso empregaron o tema 'Un beso redondo', de Conchita, acompañado de imaxes de todo tipo gravadas polos mestres en cadanseu domicilio.