domingo. 31.05.2020 |
El tiempo
domingo. 31.05.2020
El tiempo

CORONAVIRUS

'Volvemos': os #PonteLovers inician a desescalada

"Os #PonteLovers iniciamos a desescalada. Reiniciamos a nosa cidade. #Volvemos". Esta é a mensaxe da peza audiovisual elaborada pola plataforma posta en marcha pola Concellería de Promoción Económica e Turismo, que encabeza a socialista Yoya Blanco, para apoiar ao comercio de proximidade, a hostalería local e as pymes de Pontevedra nesta etapa de transición á normalidade.