lunes. 10.08.2020 |
El tiempo
lunes. 10.08.2020
El tiempo

CORONAVIRUS

Unión no Ceip A Xunqueira I para facer fronte á crise sanitaria

A crise sanitaria causada polo coronavirus deixou aos máis pequenos confinados na casa e sen contacto cos seus compañeiros.

Dende o Ceip A Xunqueira I quixeron mellorar a situación creando un vídeo para enviar unha mensaxe de ánimos aos nenos e nenas. No vídeo participan profesores, Anpa e conserxe.

A canción que acompaña o vídeo é 'El cielo siempre se abre', de Gustavo Almeida, ao que dende o centro educativo agradecen a súa colaboración desinteresada.