Cultura

Culturgal 2018 abre as súas portas

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, inaugurou este venres a Feira das Industrias Culturais de Galicia no Recinto Feiral de Pontevedra.

Este acto, no que participaron distintas autoridades políticas, organizadores e patrocinadores, supuxo o pistoletazo de saída dun evento que se desenvolverá ata o domingo e no que participan máis de 80 entidades. A feira inclúe arredor de 120 stands e unha programación de máis dun cento de actividades.

[VÍDEO: BELÉN LÓPEZ]

Comentarios