Cultura

'Fala galego', a versión de 'Tusa' na nosa lingua

O cangués Rubén Lino, integrante de Poetarras, celebrou o Día das Letras Galegas cunha versión do éxito Tusa, de Nicki Minaj e Karol G, na nosa lingua.

"Pero se falas o galego; podes tomarlle un kas coa crush; en Cangas, Brasil ou Portugal; e nalgún sitio máis; no Barrio de Salamanca quizais antes hai que preguntar", canta o artista neste cover con letra propia no que reivindica o emprego do galego en todos os ámbitos.

Comentarios