Cultura

Inauguración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

O XXI Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra inaugurouse este venres cun espectáculo presentado por Sole Felloza e Nee Barros, dirixido polo músico Marcelo Dobode. Como xa se fixo o ano pasado, ao remate os cativos seguiron a unha big band ata as salas de exposicións do Pazo de Cultura. Alí abriu as portas a mascota do Salón, o lobo Orbil, dando por inaugurado o evento.

Máis de 300 actividades compoñen este ano a programación do salón, polo que o ano pasado pasaron 26.000 persoas, segundo o Concello. O humor é o eixe temático e Italia o país convidado.

Helena Villar e Kiko da Silva son os autores homenaxeados. A programación desenvolverase ao longo de todo o mes.

Comentarios