Martes. 18.09.2018 |
El tiempo
Martes. 18.09.2018
El tiempo

CULTURA

'Volve a canción protesta', o adianto do primeiro disco de Oh! Ayatollah

A banda galega Oh! Ayatollah vén de lanzar 'Volve a canción protesta', un adianto do que será o seu primeiro longa duración. E faino en forma de videoclip. A peza está dirixida polo fonsagradino Xaime Miranda, que xa asinou os dous anteriores videoclips do grupo. O primeiro deles, 'Mi Re La', saiu vencedor no Festival de Cans. O vídeo foi gravado en diferentes localizacións de Santiago, entre elas, a delegación de Grupo El Progreso.