martes. 04.08.2020 |
El tiempo
martes. 04.08.2020
El tiempo

O MORRAZO

Vellez Digna recorda en Cangas ás vítimas da Covid-19 no xeriátrico DomusVi de Aldán

Vellez Digna volveuse citar en Cangas para recordar ás 38 vítimas da Covid-19 no xeriátrico DomusVi de Aldán.

Un domingo máis, o colectivo e as familias afectadas realizaron un percorrido en coche pola localidade. Remataron como xa é habitual diante das portas da residencia, onde colocaron 38 velas en homenaxe aos falecidos. Continúan pedindo explicacións a DomusVi, así como a creación dunha Mesa Negociadora.