O morrazo

A alcaldesa de Marín lanza unha mensaxe de ánimo econcienciación á cidadanía marinense

Durante o día de hoxe, a Policía Local tramitou tres novas denuncias por ocupación indebida da vía pública, estando prohibido polo estado de alarma. A alcaldesa, María Ramallo, reflexiona nun vídeo, dirixido á cidadanía, sobre a necesidade de cumprir estritamente co confinamento, “a pesar de que sexa difícil a medida que pasan os días”. A Policía Local lanza a iniciativa #MarínEnCasa, dirixida a amenizar a estancia na casa entre todos os veciños e veciñas que participen.
Comentarios