O morrazo

'Marín, de todo un chisquín', o simpático vídeo dos alumnos do CEIP do Carballal

Os alumnos de cuarto de Primaria do colexio Carballal de Marín protagonizan un simpático vídeo, ideado por eles mesmos, no que dúas 'bandas' xuvenís discuten sobre o acento cantarín dos habitantes deste municipio pontevedrés. Un curioso traballo musical froito dunha investigación escolar sobre as frases e palabras típicas de Marín e sobre as regueifas ou disputas dialécticas en verso.

Comentarios