jueves. 28.05.2020 |
El tiempo
jueves. 28.05.2020
El tiempo

O MORRAZO

Os alumnos do CEIP da Laxe celebran as letras galegas dándolles uso

Os alumnos do CEIP da Laxe de Marín sumáronse á celebración do Día das Letras Galegas dándolles uso a todas elas nun vídeo, ao que achegaron imaxes desde a casa. Cada pequeno retratouse cunha palabra galega, nunha festa das letras á que non faltaron a pesar de que desta volta tocou celebrala desde o fogar. Por iso tamén trasldaron ánimo e optimismo, coa última da súa serie de palabras: "¡Conseguirémolo!".