O Salnés

Os socorristas de Sanxenxo comezan as súas protestas

Os socorristas de Sanxenxo comezaron este sábado o calendario de mobilizacións previsto ao longo da semana según o cal volverán protestar de 10.00 a 11.00 horas diante do consistorio polo plantexamento de que os traballadores non cobren polos días de choiva nos que non puideron desenvolver o seu traballo con normalidade, o que consideran "un abuso por parte do Concello nas relacións laborais que teñen os traballadores da empresa Turismo de Sanxenxo", tal e como explicou o representante de Comisiones Obreras, Manu González.

Despois de que o Goberno local asegurara o xoves que os socorristas cobrarán "los 31 dias en agosto, porque no se había decidido lo contrario", o sindicato pide agora unha mesa de negociación para abordar as condicións dos traballadores e traballadoras. VÍDEO: GONZALO GARCÍA.

Comentarios