Pontevedra

Alumnos de 20 centros participan no Correlingua en Pontevedra

A lingua non para foi o lema baixo o que este martes se desenvolveu o Correlingua, unha actividade de promoción do uso da lingua entre os escolares, que organizan anualmente a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a CIG-Ensino e A Mesa pola Normalización Lingüística.

Na iniciativa, que transcurriu polo centro histórico da cidade de Pontevedra, participaron arredor de 1.300 cativos e mozos de 20 centros escolares da comarca.

A actriz Isabel Risco foi a encargada de presentar esta edición do Correlingua, na que actuou o grupo compostelano Oh Ayatollah.

[VÍDEO DE GONZALO GARCÍA]

Comentarios