Viernes. 19.10.2018 |
El tiempo
Viernes. 19.10.2018
El tiempo

PONTEVEDRA

Os alumnos de Bonobo versionan 'In Rainbows', de Radiohead

Os alumnos da escola pontevedresa Bonobo, que dirixe o músico e mestre Gonzalo Maceira (Furious Monkey House) veñen de versionar o disco 'In Rainbows', de Radiohead. Fixérono do mesmo xeito que no seu día o grupo británico: sen cortes e en directo. Segundo explica a escola nas redes sociais, participaron nenos e nenas de entre 6 e 16 anos. O resultado está colgado na canle de Youtube de Bonobo.