Milleiros de persoas ateigan a cidade nas primeiras horas da festa medieval, que comezou ao mediodía coa recreación do transporte do viño polo Camiño Vello de Castela.
A edición deste ano, que se prevé de récord, está dedicada aos números e comezou o venres á noite cun espectáculo de Pablo Méndez Performances.
A exhibición de oficios tradicionais e o mercado medieval congregan nestas primeiras horas ao maior número de público desta cita, que revive o que eran os mercados libres na cidade durante o século XV.
As temperaturas suaves da primeira parte do día animaron a alta participación, aínda que a maior parte dos asistentes tamén mostraban a súa preocupación pola posibilidade de que a chuvia irrompese na feira, cuxas actividades e comidas se celebran na súa grande maioría na rúa e ao descuberto.
Vídeo: Rafa Fariña