Pontevedra

Así será o novo centro deportivo de Campolongo

O Concello de Pontevedra distribuíu un vídeo no que se poden ver diversas maquetas do estado final do complexo pontevedrés tras as obras de mellora e ampliación previstas.

Os traballos, que teran un custo de 3,5 millóns, consistirán na reforma integral de todo o complexo, incluídas as pistas de xogo do exterior, aumentando a superficie de 3.858 metros a 4.335. As piscinas renovaranse e cambiaranse todos os paramentos verticais e horizontais (dos vasos e das praias adxacentes). Farase tamén unha renovación das instalacións para a mellora da eficiencia enerxética e a concesión do complexo será por un prazo de vinte anos.

Comentarios