Pontevedra

Longuísimas colas para saudar os Reis antes da cabalgata

Centos de cativos agardaban esta mañá en Pontevedra para ser recibidos polos Reis Magos no Pazo de Mugartegui. Melchor, Gaspar e Baltasar chegaron ás 10.45 ao Concello, dende onde foron camiñando pola rúa ata o Pazo de Mugartegui, onde foron recibidos polo alcalde. Alí saudaron todos os cativos e cativas ata as 15.00 horas. Despois, ás 18.00, subirán ás súas carrozas da cabalgata, que sae de Xosé Malvar para pasar por Loureiro Crespo, Benito Corbal, Petegrina, Michelena, Praza de España e Michelena.
VÍDEO: BELÉN LÓPEZ
Comentarios