lunes. 29.11.2021 |
El tiempo
lunes. 29.11.2021
El tiempo

Pontevedra

A Deputación visibiliza as mil asasinadas desde 2003 por violencia machista

A Deputación de Pontevedra despregou este luns dúas lonas cos nomes das mil asasinadas por violencia machista dende que se fan recontos.

Foron penduradas da fachada do edificio central para lembrar as vítimas mortais en España polo machismo desde 2003.

A presidenta en funcións da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, cando se anunciou a iniciativa hai días, trasladou a súa "indignación profundísima" co Partido Popular, Ciudadanos e Vox despois de que adoptasen a terminoloxía de "violencia intrafamiliar" en lugar de violencia machista ou de xénero. 

"Ese é un paso atrás intolerable e non llo imos a consentir", asegurou a responsable do ente provincial, que advertiu: "Que saiban que imos saír ás rúas as mulleres", "e cando nós saímos á rúa que trema o mundo". 

VÍDEO: Sara Vila

ç