Domingo. 17.02.2019 |
El tiempo
Domingo. 17.02.2019
El tiempo

PONTEVEDRA

Descobren un busto de Isaac Díaz Pardo en Pontevedra

Descobren un busto de Isaac Díaz Pardo en Pontevedra O Foro Enrique Peinador celebrou este sábado o Día do Empresariado Galego en Pontevedra coa descuberta dun busto de Isaac Díaz Pardo, realizado polo escultor José Molares, nos xardíns da entrada da Facultade de Belas Artes. No acto estiveron presentes fillos, netos e bisnetos do homenaxeado, ademais do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores; o rector da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e o secretario de Política Lingüística, Valentín García. Nas distintas intervencións eloxiouse a figura de Díaz Pardo, ao que se considerou un referente, e reinvindicouse o uso da lingua galega no espazo económico e empresarial.