Pontevedra

Pontevedra clausura a Semana do Orgullo cun multitudinario evento

Ducias de persoas asistiron este sábado ao colofón da Semana do Orgullo de Pontevedra, que tivo lugar na Praza da Verdura. No evento fíxose unha breve referencia a Vox, que celebrou un acto minutos antes noutro espazo da cidade, para reivindicar diversidade e liberdade. "Queren que volvamos entrar no armario. A nosa resposta é esta: facer máis ruído". O colectivo MarikasxlaFiesta foi o encargado de organizar a cita.

[BELÉN LÓPEZ]

Comentarios