martes. 04.08.2020 |
El tiempo
martes. 04.08.2020
El tiempo

PONTEVEDRA

Gómez Noya súmase ao Efecto PO2 desde a cama

Moitos veciños da Boa Vila fixéronse este mércores a mesma pregunta: "¿Cal é o motivo de que o campión do mundo de tríatlon, Javier Gómez Noya, estivese nunha cama na metade da Praza de España?". Pois un efecto... o Efecto PO2. A campaña de Promoción da cidade que dirixe Anabel Gulías continúa a súa andaina, e nesta ocasión conseguiu a participación do triatleta, que colaborou no segundo dos microvídeos cos que a concellaría pretende explicar como o espazo público é a continuidade dos domicilios dos pontevedreses. É dicir, amosar que "nas rúas de Pontevedra estase #ComoNaCasa".

A peza deuse a coñecer este venres e está enmarcada dentro da campaña de promoción e difusión da marca cidade Efecto PO2 que amosa un estilo de vida e de respecto polo medio e pola saúde das persoas que ten en Pontevedra un singular exemplo.