Pontevedra

Lores divírtese no 'gran tobogán' da Praza de España

 

Miguel Anxo Fernández Lores comprobou de primeira man o funcionamento do gran tobogán instalado na Praza de España como parte dos atractivos do Nadal da cidade. O alcalde e a concelleira Carmen Fouces estrearon a rampla que este xoves abre ao público ante a mirada expectante dalgúns curiosos. 

As tamén edilas Anable Gulías e Pilar Comesaña animáronse coa tirolina da Alameda. O único requisito para poder deslizarse tanto polo tobogán como pola tirolina é presentar un ticket de compra no comercio local.

VÍDEO: Chus Gómez

Comentarios