miércoles. 16.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 16.06.2021
El tiempo

Pontevedra

Pontevedra presenta en Fitur 'O regreso dos seres extraordinarios'

A Concellería de Turismo de Pontevedra lanzou este mércores O regreso dos seres extraordinarios, un vídeo que centrará, xunto co libro Pontevedra de corazón, a campaña multimedia que o ente turístico presentará este venres 21 de maio ás 10:30 horas en Fitur. A peza audiovisual, realizada por Fernando Portela, está protagonizada polas personaxes de fantasía de Pablo Mèndez Performances, que nos convidan a realizar un paseo videográfico pola cidade a través do seu mundo máxico.

O vídeo será presentado no Pavillón de Galicia na Ifema nun acto que estará conducido e presentado polo escritor Manel Loureiro; o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, e a concelleira de Turismo, Yoya Blanco.

Entre as accións de promoción que Visit Pontevedra levará á feira de Fitur para posicionar a Pontevedra como destino turístico tamén se inclúe a Caixa Branca, un contedor cheo de sorpresas, merchandising e regalos motivacionais (fabricada polo Centro Ocupacional de Juan XXIII); unha xincana urbana virtual para investigar sobre o concello e diverso material promocional como camisetas, USB e chapas.

ç