Pontevedra

Pontevedra é medieval

Este sábado celebrouse o día grande da Feira Franca en Pontevedra, convertida nunha urbe típica da Idade Media... iso si, a 37 graos de temperatura.

Malia a iso, a cidade encheuse chea de bailes e músicas medievais, espectáculos de cetraría e esgrima, comidas polas rúas e a ledicia propia da vila que foi no século XV: o centro económico de Galicia.

Nesta edición tocou rememorar as lendas e os mitos que deron paso á ciencia e ao coñecemento. Foi tempo de gozar do eminente pasado da Boa Vila. Este sábado foi Feira Franca.

VÍDEO: Gonzalo García

Comentarios