Pontevedra

Pontevedra reabre os parques: xogos de día, desinfección de noite

As zonas de xogo infantís de Pontevedra reabriron este luns, tras catro meses de peche pola pandemia do coronavirus. Para garantir a seguridade, hai restricións de aforo, dispensadores de xel hidroalcohólico, carteis informativos e tarefas diarias de desinfección, que, atendendo ao avanzado polo Concello, realízanse en cada recuncho e xogo dos parques todas as noites.
Comentarios