Domingo. 16.12.2018 |
El tiempo
Domingo. 16.12.2018
El tiempo

PONTEVEDRA

Unha simbólica poxa de homes

O matrimonio infantil, os ventres de aluguer, a prostitución ou os asasinatos machistas. Todas as violencias que padecen as mulleres representáronse este domingo na Praza da Peregrina cunha poxa simbólica e irónica de homes que se ofrecían para fregar, para seren violados, prostituídos ou mesmo asasinados. Invertindo os papeis, as activistas do Colectivo Feminista chamaron así a atención sobre a realidade dun mundo machista e hostil para as mulleres. Ao acto asistiron, ademais da cidadanía, representantes políticos de Marea, PSOE e Ciudadanos. Estaba tamén a subdelegada do Goberno, Maica Larriba. VÍDEO: Sara Vila