Pontevedra

A terceira edición de 'Aquí cántase' enche Pontevedra de música

Centos de persoas participan na iniciativa 'Aquí cántase', da asociación Maravallada e do Concello de Pontevedra, que convida aos cidadáns a cantar temas tradicionais galegos polas rúas e as prazas da cidade.

Esta é a terceira edición da proposta, que comeza ás 21.00 horas e se prolonga ata pasada a medianoite. A actividade, coa que se dá paso ás festas de agosto, que comezan este sábado, volveu ser un éxito.

Firma: BELÉN LÓPEZ

Comentarios