Pontevedra

A Tropa do Clima volve á acción

A Tropa do Clima, unha rede de cooperación posta en marcha o ano pasado polos IES Frei Martín Sarmiento e Sánchez Cantón, volveu á acción este mércores, Día Mundial da Auga. Uns 200 alumnos de seis institutos de Pontevedra participaron nunha xornada de limpeza e plantación de carballos no contorno do río dos Gafos. A actividade incluíu unha charla. VÍDEO: JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Comentarios