jueves. 16.07.2020 |
El tiempo
jueves. 16.07.2020
El tiempo

PONTEVEDRA

Unha veciña protagoniza o primeiro microvídeo do Efecto PO2

"Nas rúas de Pontevedra Pilar séntese #ComoNaCasa". Baixo este lema presentou o Concello de Pontevedra o primeiro dos microvídeos que ten previsto presentar nas vindeiras semanas sobre a campaña Efecto PO2, que reflexa como o espazo público é a continuidade das residencias ou dos espazos de traballo dos pontevedreses e pontevedresas.

As primeiras imaxes amosan a Pilar Boullosa, unha veciña xubilada de Pontevedra, lendo tranquilamente no salón da súa casa, que resulta estar no medio da Praza da Ferrería.

A idea dos microvídeos está incluída dentro da campaña de comunicación e márketing Efecto PO2 que puxo en marcha a Concellaría que dirixe Gulías hai pouco máis dunha semana e que pretende divulgar entre os veciños e veciñas de Pontevedra que é o Efecto PO2: "Un estilo de vida e de respecto polo medio e pola saúde das persoas que ten en Pontevedra un singular exemplo", destacan desde a propia concellería.