Sociedad

Volven Páramo Pictures: Ramón de Faxarda, presidente do CDM, anuncia que non se presenta

O colectivo Páramo Pictures regresa un ano despois da súa última creación humorística e faino co gallo das eleccións autónomicas. Ramón de Faxarda, presidente do Partido Como Dios Manda (CDM), anuncia que non se presenta este ano aos comicios do 18-F.

"Galicia é preciosa, pero chea de xente atrasada, bruta, ignorante. A Xunta fai moi ben e non conseguir competencias; mellor que nos gobernen partidos onde está a xente estudiada", explica Ramón nun comunicado oficial que aspira a converterse en viral, como xa o foron outros vídeos de Páramo Pictures, como o da Bertolina ou a súa versión de Despacito.  

Comentarios