Vídeos

O feminismo non para en Pontevedra

Unhas 200 mulleres participaron este luns en Pontevedra na mobilización organizada pola CIG, a única protesta feminista neste 8-M na cidade, nunha Praza da Ferrería perimetrada, con persoas controlando o aforo, xel hidroalcoholico na entrada e vixianza para o cumprimento das distancias de seguridade.